NOVAS     HISTORIA     ESTATUTOS     OBRAS     FOTOS     CALENDARIO     CONTACTAR     FORO     LINKS  


    Na primaveira de 1998 un "tolo" chamado Xose Manuel Díez Rivera ocorréuselle a idea de formar unha agrupación de teatro na Universidade de Vigo. A idea foi cobrando forma gracias á colaboración de Patricia Leal Freire e finalmente formouse a Asociación Xuvenil "Grupo de Teatro XERIGONZA" co obxectivo de fomentar o espíritu e a ilusión do teatro tanto ó mundo universitario coma o resto da xente usando para iso as obras da nosa terra.

    A primeira Xunta Fundacional creouse en Agosto de 1998 quedando como presidente Xose Manuel Díez Rivera e secretaria Patricia Leal Freire. En outubro do 98 realizouse o primeiro reclutamento de adeptos ó teatro dando como froito a primeira obra da asociación en San Teleco dese ano (Novembro do 98).

    Trala gran acollida por parte do público e gracias a un dos compoñentes conseguiuse unha representación en Quiroga (Lugo), pobo onde se inspirara o autor de Pauto do Demo. Con moita ilusión preparouse a nova actuación que ó, final resultou ser unha experiencia inolvidable.

    No curso 1999-2000, ó grupo incorpórase xente nova, todos con ganas de facer grades cousas no mundo do espectáculo e co afán de irse superando pouco a pouco, dando como froito o estreno en San Teleco da obra A grande noite de Fiz que foi acollida con gran entusiasmo polo público.

    A representación en (Seixo) Marín tamén tivo gran acollida e serviu para preparar a gran actuación no Centro Cultural Caixavigo na que o noso obxectivo de facer que a xente se divertise vendo a nosa obra viuse gratamente cumprido.

E por se fora pouco toda unha chea de actuacións por participar na Mostra de Teatro Universitaria. Percorremos prácticamente toda galicia pasando por Santiago, Coruña, Ourense, Pontevedra,...

    Para a temporada 2000-2001 houbo algúns cambios. O máis importante foi a partida de Juan, o ex-presi e un os fundadores do grupo que deixou de estudiar en Teleco para acadar a fama e o triunfo noutros paraxes. De todas formas nunca nos fallou en ningunha actuación como espectador e é que Juan sempre estará entre nós. Tamén Emilio o ex-director nos deixa dando paso a Paula como nova directora. Savia nova.

    Trala elección da obra Arsénico o encaje antiguo de Joseph Kesselring no verán comézase cos ensaios no inicio do curso coa intención de tela lista para San Teleco onde sempre se fai o estreno. O obxectivo acádase e coma sempre a actuación ten grande éxito e un cheo total. Despois hai un aplazamento ata despois dos exames de Febreiro donde se retoma a obra actuando en Moaña, en Marín e repetindo a experiencia do ano pasado no Centro Cultural Caixanova donde tamén resultou unha representación exitosa e reconfortante para tódolos actores.

    Despois da agradable experiencia da actuación de Arsénico en Lugo (Outubro de 2002) na que se recibiron dous premios (o segundo premio na categoría de teatro universitario -quedando o primeiro premio deserto- e un premio á mellor obra en galego das participantes), o grupo decidiu obra para a temporada 2002, concretamente Un marido ideal de Oscar Wilde. Ademais cóntase con novas incorporacións que esperemos se contaxien do espíritu "xerigonziano".

    No curso 2002-2003, prodúcensse algunhas baixas pero tamén se incorporan novos actores e para que todos teñan oportunidade de actuar decídese levar a cabo a posta en escena de dúas obras: A Pousadeira de Carlo Goldoni para os máis veteranos co obxectivo de estrenala antes de finalizar o curso e Cuatro corazones con freno y marcha atrás para estrenar a finais de ano.



[Inicio] - [Novas] - [Historia] - [Estatutos] - [Obras] - [Fotos] - [Calendario] - [Contactar] - [Foro] - [Links]