NOVAS     HISTORIA     ESTATUTOS     OBRAS     FOTOS     CALENDARIO     CONTACTAR     FORO     LINKS  


12 de Marzo de 2005

Xerigonza leva a súa última obra "Prohibido suicidarse en primavera" ó FESTTEATRO (II Festival de Teatro Amador) de Benedita - Alcobaça (Portugal) o sábado 30 de abril.

15 de Xaneiro de 2005

Xerigonza leva a súa última obra "Prohibido suicidarse en primavera" ó auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo. Será a finais de Abril.

14 de Novembro de 2004

Hoxe estrenouse "Prohibido suicidarse en primavera" en Ferreira de Pantón (Lugo). Grata acollida neste pobo de lugo que tantos aplausos nos brindou.

20 de Maio de 2003

Hoxe estrenouse "A Pousadeira" en Teleco. Quizáis non houbo tanto público como noutras ocasións por culpa da cercanía dos exames, pero recibimos boas críticas dos asistentes. A seguinte actuación en Moaña, o vindeiro Venres 23 ás 22:30h.

10 de Maio de 2003

Xa está listo o vestiario de "A Pousadeira". Os traxes de época feitos a medida deleitarán de seguro ó espectador, tanto polo seu colorido como pola ambientación.

15 de Abril de 2003

Xa temos concertadas 3 actuacións para "A Pousadeira" serán o estreno na E.T.S.E. Telecomunicación en Vigo a mediados de Maio, en Moaña unha semana despois e no Auditorio de Caixonova en Vigo a finais de Maio. Consultar o calendario para máis información.

15 de Marzo de 2003

Teatro Xerigonza xa ten dúas novas obras para a vindeira tempada. Por un lado os máis veteranos levarán a cabo a posta en escena de "A Pousadeira" de Carlo Goldoni que se estreará en Maio deste ano e por outro a fantástica comedia clásica "Cuatro corazones con freno y marcha atrás" xa para representar o próximo curso.

10 de Decembro do 2002

Teatro Xerigonza solidarízase co pobo galego nesta grande catástrofe do Prestige que puxo de luto tódalas nosas costas. Se queres saber máis da traxedia: http://nuncamais.org. Tamén existe un foro en http://boards.melodysoft.com/galicianegra/ en un libro de visitas en http://gbooks.melodysoft.com/galicianegra/. Ademais a comunidade universitaria xa se está movilizando para ofrecer miles de voluntarios e manifestarse para que NUNCA MÁIS suceda algo así.

27 de Outubro do 2002

Debido a numerosas dificultades por parte da maioría dos actores, Xerigonza vese obrigado a suspender a actuación do Martes 29 na I Feira de Asociacións. Sentimos as molestias

22 de Outubro do 2002

Xerigonza actuará na I Feira de Asociacións coa obra "Arsénico". Será o Martes día 29.

22 de Outubro do 2002

Hoxe tivo lugar unha Asemblea Xeral na cal se decidiu a nova Xunta Directiva para a vindeira tempada así coma os proxectos para este novo curso.

20 de Outubro do 2002

Os días 29, 30 e 31 de Outubro vai ter lugar "UNIVERSITÚA", a I FEIRA DE ASOCIACIÓNS da Universidade de Vigo na cal será posible coñecer tódalas asociacións existentes incluída por suposto Xerigonza Teatro que terá o seu propio stand.

14 de Maio do 2002

Xa temos concertadas novas actuacións ata Outubro. Son actuacións que quedaran pendentes con "Arsénico". Podes consultalas na sección Calendario.

6 de Maio do 2002

Xerigonza estrena a súa nova obra Un marido ideal de Oscar Wilde este xoves día 9 ás 18:00h no salón de actos da E.T.S.E. Telecomunicacions de Vigo.

5 de Marzo do 2002

Por fin, por fin, por fin, xa temos fotos da obra Arsénico. Para poder velas entra na sección de fotos ou pincha aquí.

3 de Marzo do 2002

Xa está escollida a obra para este curso 2001-2002. Trátase de Un marido ideal de Oscar Wilde. Xa se repartiron os papeis e se comezou cos ensaios. Ademais para esta tempada contamos con catro novas adquisicións.

24 de Novembro do 2001

Tras unha serie de atrancos por fin se puido reunir o grupo para tratar de escoller unha nova obra para o vindeira temporada. A elección non está de todo clara, pero o xénero por suposto comedia ;-)

20 de Novembro do 2001

Finalmente, moi o noso pesar non foi posible ningunha representación para San Teleco (bendito sea) que este ano tivo unha celebración "delicada" no medio da folga dos alumnos e profesores contra a LOU.

7 de Novembro do 2001

Desafortunadamente este ano a Xerigonza resultaralle imposible ter unha nova obra preparada para San Teleco 2001 (bendito sea). Pero en cambio non se nos perderá a pista pois se están preparando unha serie de "sketch" para o Xoves 15.

2 de Novembro do 2001

Da actuación de Lugo obtivéronse estupendos froitos. Nada menos que o segundo premio na categoría de teatro universitario (quedando o primeiro premio deserto) e un premio á mellor obra en galego das participantes. Toda unha honra para o grupo.

27 de Outubro do 2001

Temos obra en actuación el Lugo o vindeiro luns 29 o video que se enviara en verán para participar foi seleccionado e temos posibilidade de gañar algun premio no certame.

20 de Maio do 2001

Na actuación de Salceda houbo algunhas substitucións pola imposibilidade dalgúns dos actores e ó parecer descubríronse novos talentos ;-)

10 de Maio do 2001

Das tres actuacións que tiñamos pendentes en As Neves, Tui e Salceda, finalmente só se poderá ir a Salceda.

16 de Abril do 2001

Este ano quedamos fora da Mostra de Teatro Universitario. O comité organizador non nos avisou e ó non estar pendentes perdemos a ocasión. Unha lástima.

12 de Marzo do 2001

Xa temos concertadas novas actuacións en Moaña, Marín e Caixavigo (Máis información)

09 de Novembro do 2000

Estreno da nova obra "ARSÉNICO" por San Teleco. Actuación o Xoves 16 de Novembro ás 12:00 e ás 18:00 no salón de actos de E.T.S.E Telecomunicacións.

15 de Xullo do 2000

Dúas novas actuacións (en Salceda e Moaña) pechan finalmente a xira deste ano, pero co proxecto dunha nova obra para o vindeiro curso.

26 de Maio do 2000

Teatro Xerigonza pecha a súa xira de actuacións deste ano coa espléndida actuación en Tui donde houbo unha moi grata acollida por parte do público. Incluso saiu un artigo dunha páxina con fotos no Faro de Vigo de hoxe.

16 de Maio do 2000

Actuación de última hora en Tui (na Catedral, ó aire libre) mañán Mércores, 17 de Maio Día das Letras Galegas ás 21:30 h.

12 de Maio do 2000

Teatro Xerigonza clausura a Mostra de Teatro Universitario de Vigo coa súa actuación do 7/05/2000 no Auditorio do Concello. Artigo e espléndida foto na edición do Faro de Vigo do luns 8 de Maio.

26 de Abril do 2000

Primeira Gran Xornada de Cea con motivo homenaxe e commemoración (ou sinmemoración ou memorización) de San Monago da Bata Blanca e o co cinturón negro primer Damn o Sábado día 29 de Abril en Vigooo.

11 de Abril do 2000

Xa temos concretadas o resto das actuacións para este curso 99-00. Podes consultalas na sección de calendario

28 de Marzo do 2000

Grande éxito na actuación no Centro Cultural Caixavigo. A sala estaba prácticamente completa cun público moi agradecido que logrou coa súa simpatía que unha das actuacións máis importantes de Xerigonza quede na memoria de todos nós.

21 de Febreiro do 2000

Xa temos concretadas novas actuacións en Marín, Caixavigo e Santiago. Visita a sección de calendario para máis información.

13 de Xaneiro do 2000

Xa está disponible o calendario de actuacións para os vindeiros meses. Fai click aquí para ir á páxina.

23 de Decembro de 1999

Teatro Xerigonza dexésavos unhas felices festas e espera que o vindeiro ano (o 2000 xa, ¡quen o diría!) sexa moi, moi próspero para todos... ¡BO NADAL!

13 de Decembro de 1999

Sete novas fotos da nosa última obra "A grande noite de Fiz" da actuación de San Teleco. Pulsa aquí para velas.

10 de Decembro de 1999

Chegounos información sobre a "Mostra de Teatro Internacional" da Universidade de Santiago. A ver se conseguimos paticipar nela.

09 de Decembro de 1999

Hai rumores de que temos concertada unha actuación no Centro Cultural Caixavigo,... ¿para cando?. Manterémosvos informados...

02 de Decembro de 1999

Novamente no periódico, pero esta vez nada máis e nada menos que no Atlántico Diario. Fotos sacadas desta mesma WEB a toda cor repartidas en dúas páxinas do suplemento universitario nas que se fala de tódolos grupos da universidade de Vigo, sendo Xerigonza, ó parecer, o máis consolidado...

27 de Novembro de 1999

O periódico universitario "Redacción Xove" saca unha reportaxe sobre o grupo de teatro Xerigonza. Fotos e boas críticas...



[Inicio] - [Novas] - [Historia] - [Estatutos] - [Obras] - [Fotos] - [Calendario] - [Contactar] - [Foro] - [Links]